Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

04 marzo, 2025

🫂 MES DE FEBREIRO: ENTRE DESPEDIDAS E BENVIDAS, REMATAMOS O MES MÁIS CATIVEIRO 🫂

Aínda que o mes de febreiro é o mes máis curto, a nós deunos moito de si. Entretidos e entretidas estabamos co entroido cando chegou ao noso equipo unha nova compañeira: Aldara.

Fíxonos moita ilusión coñecela e acompañala, pero sobre todo encantounos compartir con ela estes días de troula! Benvida Aldara!


Pero entre tanta alegría e rebumbio tivemos que despedir á profe Ana que nos estivo acompañando durante estes meses en primaria. Ela agasallounos cun libro de xadrez súper interesante e cuns útiles que nos veñen de perlas para o cole! Nós aproveitamos para darlle moitos mimos e agradecerlle todo o cariño e bo facer que nos deu durante todo este tempo! 

 

Moi boa sorte e ata pronto, profe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario