🎂ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO NA AULA DE 1º🎂
Como non podía ser doutro xeito, comezamos o ano trouleando sen parar. E aínda que o noso compi maior cumple a final de mes, non quixemos agardar e aproveitamos para festexar un "non cumple".
Así que, aínda que Erea cumple o 18 de agosto, aproveitamos os mediados do mes para conmemorar os seus 6 anos e 5 meses!Contounos algunhas cousas nas que nota que foi medrando e que lle gustaría aprender nestes 7 meses que lle quedan de volta ao sol. Que ganas de seguir aprendendo contigo.
E xa o día 29 de xaneiro celebramos o primeiro cumple oficial do 2025: o cumple de Elías.
Nesta 7ª volta completada, contounos algúns recordos de todos estes anos, cousiñas que foi aprendendo e outras que lle gustaría aprender durante os próximos 365 días que ten por diante. Tamén compartiu con nós un petisco doce-salgado e moitas risas.
Parabéns compis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario