🏅 PROXECTO DE 1º EP:
BOTÁMOSLLE UNHA MAN ÁS OLIMPIADAS 🏅
Este curso, na aula de 1º EP, quixemos levar un paso máis aló a inclusión no deporte e creamos un glosario comunicativo sobre as olimpiadas en galego, castelán, pictos e inglés.
E como a experiencia nos gustou, decidimos interpretar en lingua de signos española, dun xeito libre, o himno do Centenario do R.D. Celta: Oliveira dos 100 anos, de C. Tangana. Para poder interpretala, acompñáronnos tódol@s compis do cole: MOITÍSIMAS GRAZAS.
Aquí compartimos o documento do produto final:
Como non todo ía ser troula, tamén queremos ensinarvos un chisquiño de todo o proceso:
GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS QUE NOS BOTARON UNHA MAN!