Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

04 marzo, 2025

 🎂ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO NA AULA DE 1º🎂

Aínda que este mes é curto e o entroido tamén se fixo de esperar, puidemos festexar 2 aniversarios.

O día 20 de febreiro, o noso compi Neizan fixo a súa 7ª volta ao sol. Compartiunos moitos momentos e historias vividas, presentounos á súa familia e tamén lembrou con nós as cousiñas que foi aprendendo ao longo de todas estas bolsas! 




E 4 días despois, o día 24 de febreiro foi o aniversario do noso compi Teo tamén fixo a súa 7ª volta ao sol. Chea de recordos, lembranzas e aventuras que compartiu con nós. Por último, tivo tempo de pensar nas cousas que lle gustaría aprender a facer nos próximos 365 días e en formular algún desexo segredo.






Parabéns compis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario