🎄BO NADAL🎄
E sen darnos conta, nun abrir e pechar de ollos rematamos o trimestre. Como para a troula sempre estamos list@s, fixemos de todo..
Botamos moito de menos ao noso compi Ían, que estes días estivo pachuchiño e quixemos comezar por mandarlle un agarimo:
E cando nos quixemos dar conta, empezou a soar a nosa mensaxe de radio de Nadal: que emoción!
E sen darnos tempo a máis interpretamos marabillosamente a ponxoliña que estes días tiña fart@s aos nosos familiares e incluso veciñ@s.
E despois de recargar forzas co chiringuito de Nadal, entrenamos para as badaladas de fin de ano.. oes! Pois as de 2024 quedáronnos bordadas!
Dende primeiro e con amor, desexámosvos unha moi felices festas e un próspero Aninovo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario