Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

21 decembro, 2024

 🎂NON ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO NA AULA DE 1º🎂

Aínda que neste mes ningún compi está de aniversario, nós non quixemos pasar sen festa, alá vai o primeiro NON ANIVERSARIO do curso!

Así que aproveitamos para que a nosa compi Olivia festexara as súas 6 voltas completas ao sol e 3 meses. Ela naceu o día 4 de setembro, pero como non puidemos festexalo antes, aproveitamos este mes.


Oli contounos cousiñas que lembraba e que lle contaron de cada época da súa vida, e tamén puidemos comprobar como se vai avanzando no calendario os meses nos que non cumprimos. Tamén puido pensar algo que lle gustaría aprender nestes 9 meses que lle quedan para rematar a súa 7ª volta! Que emoción!

Para rematar agasallounos cunha torta riquísima da que non deixamos nin as migallas!

Feliz "NON ANIVERSARIO", OLI!

Ningún comentario:

Publicar un comentario