Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

30 novembro, 2024

🫳🏼 ARRIMANDO O OMBREIRO 🫴🏼

Nestes 2 meses largos que levamos xunt@s xa tivemos tempo de poñernos nervios@s e de deixar de estalo; de rir; de chorar; de enfadarnos; de decepcionarnos; de alegrarnos; de sentrirnos orgullos@s... ata de experimentar coa euforia! E claro, nunha destas, decatámonos de que un dos xogos que nos prestaran para a aula non estaba moi ben tratado. 

Montamos unha asemblea de crisis e tentamos buscar unha solución. Houbo quen propuxo arranxalo moi ben, outr@s pedir perdón, outr@s querían mercalos el@s para que as demais persoas do cole non pasaran sen el, ... sumando e sumando ideas marabillosas, varias persoas sinalaron que podiamos mercar entre tod@s un e quedar nós co vello.

Xa vos podedes imaxinar que a votación foi unánime. Pero de onde ían a saír os cartos? Non nos pareceu moi xusto que saísen dos orzamentos da aula, pois non foran as nosas familias as que romperan o xogo.  Así foi como se xestou a idea de que cada persoa achegara o ombreiro (incluso houbo que se ofreceu a achegar por algúns dos demais...). 

Falamos do que simbolizan os cartos, de que cantidades podiamos achegar e incluso dos produtos de segunda man

               

Así foi como atopamos un xogo moi ben conservado nunha aplicación de segunda man. Calculamos o prezo do xogo máis o prezo do envío e escribímoslle unha nota as nosas familias para responsabilizarnos da compra.

Anotamos as achegas, recontamos finalmente e xa o puidemos substituír na Aula dos Soños.




Ningún comentario:

Publicar un comentario