Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

30 novembro, 2024

  🎂ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO NA AULA DE 1º🎂

A este mes que comeza cos Santos e acaba con San Andrés, non lle faltou troula!

Na aula festexamos 2 aniversarios: o de Mateo e o de David.

O día 1 de novembro Mateo completou a súa 6ª volta ao redor do 6. E como 6 aniños dan para moito, contounos como foi medrando e aprendendo cada volta un chisquiño máis. Tamén tivo tempo de pensar nestes 365 días que lle quedan por diante e formular un desexo de aprendizaxe... a ver se adiviñades de que vai...🐎.


Xa o día 14 de novembro cumpliu o noso compi máis novo: David. Con moita ilusión e alboroto tamén puido rememorar o vivido durante estes anos. E como non podía ser doutro xeito: tamén buscou algo novo que aprender durante este ano!


Para rematar puidemos gozar dun riquísimo biscoito!! Que larpeir@s somos!


Parabéns compis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario