Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

13 novembro, 2024

 🌰 MAGOSTO EN PRIMEIRO 🌰

Coa primeira friaxe deste outono, pero cun sol radiante festexamos o noso Magosto, o primeiro desta nova etapa pero cone este xa sumamos catro no cole.

Despois dunha movida viaxe en bus fomos @s primeir@s en chegar e conquistar o merendeiro do Monte Galiñeiro. Recorremos tódolos currunchos e non quedou unha herba sen pisar!

A merenda fíxose de rogar pero o que máis gozamos foron as castañas! Houbo quen repitiu varias veces!! 



E como non, fomos @s últim@s en abandonar o lugar, pero deixámolo sen pegada do noso paso; ata o ano que vén!







Ningún comentario:

Publicar un comentario