Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

28 marzo, 2024

  🎂 ANIVERSARIOS E NON ANIVERSARIOS  DO MES DE MARZO  🎂

Este mes de marzo, para non perder o ritmo, festexamos na aula 1 aniversario natural e outro non aniversario.


O primeiro foi o aniversario de Reni, que aínda que cumpriu o 9 de marzo, nós festexámolo o luns 11, para comezar con bo ritmo a semana! Contounos como foi medrando e as cousas que foi aprendendo. Pero tamén as que quere poder facer durante esta oitava volta ao redor do sol! Reni, quixo agasallarnos con dous biscoitos moi ben decorados 🤤. E cuns bonecos tan rebuldeiros coma ela. Mil grazas, Reni!





E como nos parecía pouca festa, só un aniversario no mes, festexamos o NON ANIVERSARIO de Lúa, que aínda que a súa sétima ao sol deuna o día 19 de xullo, puidemos celebrar os seus 7 anos e 8 meses de vida. 

Lúa foinos narrando as lembranzas que atesoura a súa familia de cada unha das súas voltas ao sol e tamén o que ela lembra, que non é pouco! Como xa sabe o larpeir@s que somos, tróuxonos unha torta de chocolate 🤤.  E tamén nos quixo agasallar cuns colares coas nosas iniciais! Moitas grazas, Lúa!




Parabéns, compañeiras!



Ningún comentario:

Publicar un comentario