Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

05 maio, 2024

   🎂 NON ANIVERSARIOS  DO MES DE ABRIL  🎂

Durante o mes de abril non temos ningún aniversario na aula, pero lonxe de para as celbracións, aproveitamos para festexar os non aniversarios dalgúns compis.

O venres día 12 de abril celebramos o non aniversario de Saúl, que fixo a súa 7ª volta ao sol o 24 de xullo. Despois de revivir cada unha das voltas ao sol e contarnos algún que outro desexo para estes escasos 3 meses que lle quedan de volta, convidounos a un delicioso petisco e agasallounos cunha pulseira personalizada.


O venres día 19 de abril festexamos o non aniversario de Luca, que comezou a súa sétima volta ao sol o día 20 de xullo. El contounos moitas anécdotas de cada unha das voltas e para rematar agasallounos cunha buxaina personalizada e un petisco salgado.




Para rematar o mes, o día 26 de abril fixemos o non aniversario de Sergio, que leva dando a súa 7ª ao sol dende o 28 de xullo. Comparitu tamén con nós moitas vivenzas e anécdotas e finalmente pensou nalgo que lle gustaría aprender durante estes meses que lle quedan ata comezar a oitava volta. 





PARABÁNS COMPAÑEIROS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario