Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

24 febreiro, 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

📝23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA


 Este mes de febreiro tivo moito que conmemorar, pero unha das celebracións máis importantes de Galicia é o día de Rosalía de Castro, unha escritora que nos deixou uns grandes poemas e libros.

MadridLaCiudad: Rosalía de Castro en Madrid


Os nosos padriños e madriñas recitáronnos un dos seus poemas máis coñecidos: 

"MIÑA. CASIÑA MEU LAR", 




Neste poema, Rosalía danos unha receita para facer un caldo para "chuparse os dedos", UN CALDO DE GLORIA, e por suposto, puxémonos mans á obra, e fixemos un para poder probalo:












Sabía "que la mar!"
Grazas madriñas e padriños!

Ata a próxima
;)




Ningún comentario:

Publicar un comentario