Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

21 febreiro, 2024

🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO  🎂

Este mes de febreiro non quixemos demorar a espera, porque con tanto mandato do Meco, entroido e demais festividades acumúlasenos o "traballo festeiro".



O primeiro en completar as 8 voltas ao sol foi Asier, que o día 1 de febreiro estivo de aniversario. Como coincidiu coa carreira de cross provincial en Portas, tivemos que aplazalo para o día seguinte. Así foi como Asier nos contou as súas lembranzas e nos amosou as fotografías nas que puidemos ver cómo foi medrando. Tamén pediu un súper desexo que non imos acontar.. pero si podemos dicir que ten moito que ver co ⚽️ ! 




Tamén nos quixo convidar a uns petiscos entre os que puidemos degustar unha torta riquísima!

E neste mes tan curto, tamén tivemos tempo de festexar outro aniversario, que aínda que caeu en martes 13, nós non somos supersticios@s e festexámolo o venres 16. Estamos a falar do aniversario de Tiago
El tamén compartiu con nós as súas lembranzas destas 8 voltas ao redor do sol e xa vos adiantamos que moitas teñen que ver co deporte. Pero o seu desexo de aprendizaxe tivo que ver cun medio de automoción.. a ver se adiviñades cal foi... 🏎️.

Para rematar compartimos un petisco que nos veu moi, moi ben para recuperar folgos antes da clase de educación física. 







Parabens compañei@s






Ningún comentario:

Publicar un comentario