Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

22 setembro, 2023

 🤗 BENVIDO CURSO 2023-24! 🤗

Boas familias! Xa estamos de volta! Como non podía ser doutro xeito, imos pouco a pouco pero sen parar nada, nadiña!

Comezamos 2º de Educación Primaria con 3 nov@s compañeir@s: Oliver, Ainara e Nuno! Pero tamén cunha mestra nova: a profe Lucía! E aínda que os comezos son duros, non @s deixamos parar nin un intre!

Que se actividades para coñecernos mellor... 



Que se xogo de pistas para lembrar os espazos do cole... 



que se retomar aficións artísticas...




Pero sempre atopamos un anaco para xogar nos nosos recunchos favoritos!




E para practicar a relaxación, que despois de tanto movemento non nos vén mal!





🎉 FELIZ CURSO NOVO! 🎉 


Ningún comentario:

Publicar un comentario