Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

01 outubro, 2023

 🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE SETEMBRO  🎂 

Aínda que cambiemos de curso, de aulas e contemos con nova profe e nov@s compis, a troula sempre está presente 👏🏼👏🏾. Así que sen máis demora, decidimos comezar coas celebracións dos aniversarios, neste caso de 2 aniversarios aprazados.


Empezamos festexando as SETE voltas ao sol de Yeray! El cupriu sete anos o día 1 de setembro, pero nós festexámolo o día 19 dese mes! Ensinounos como foi medrando en cada volta ao sol, que cousas foi aprendendo a facer e por último explicounos cal era a cousa que lle gustaría aprender a facer durante esta nova volta ao sol... adiviñades? Ten que ver coas 🏍️....

Xa para rematar o mes, tamén celebramos as 7 voltas ao sol de Cynthia, que as cumpriu o día 8 de setembro! Ela tamén nos foi contando como foi medrando ao longo de todos estes anos! E por suposto, tamén tivemos ocasión de mirar cara adiante para reflexionar sobre todo aquilo que lle gustaría facer durante este novo ano que comezou para ela! 🤔


👏🏾👏🏾👏🏾PARABÉNS COMPIS!👏🏾👏🏾👏🏾

Ningún comentario:

Publicar un comentario