Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

22 xuño, 2023

🌍 PROXECTO O NOSO LUGAR NO MUNDO: VINCIOS 🌍

Como xa saberedes, este curso traballamos no cole o proxecto anual de O noso lugar no mundo. Así que en primeiro decidimos centrarnos no noso lugar físico: onde se sitúa o noso cole. 

Todo comezou cunha carta chegada da mesmísima empresa Nintendo, na que nos pedían que investigaramos lugares interesantes de Vincios nos que poder agochar Pokemon.

Así que durante uns meses, estivemos investigando, deseñando e creando un xogo interactivo que permitira ao alumnado do cole coñecer máis cousiñas sobre este pequeno recuncho do mundo.

Aquí vos deixamos uns códigos para que participedes dende casa. 


Tamén un pequeno resumo de todo o traballazo que fixeron estes cativos e cativas.



Agardamos que fora tan divertido para tod@s como para nós foi preparalo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario