Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

21 maio, 2023

👩🏼‍🌾 VISITA Á HORTA 🧑‍🌾

Aínda que este mes de maio estamos algo liados e liadas preparando a nosa superactuación para as Letras Galegas e investigando sobre Vincios e os Pokemon, puidemos sacar algo de tempo para coidar o noso horto. 

Estivemos limpando as nosas leitugas, que case son devoradas polos caracois! Menos mal que nolas coida Conchi tódolos días con moito agarimo, porque se non, non nos quedaba nin para a proba!

Aproveitamos para plantar 4 plantiñas de tomate que Teresa nos mandou dende as montañas Ourensás! Seguro que aquí se dan fenomenal co noso clima tan cálido. 

A ver se podemos probar algo antes de que remate o curso, que non todo vai ser traballar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario