Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

21 maio, 2023

📆 CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 📆

O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio para lembrar e reivindicar a data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado: Cantares Gallegos (o 17 de maio de hai 160 anos, moitos sacos de Paco son!). E como se decidiu esta data? Como puidemos saber, o autor homenaxeado este ano: Francisco Fernández Del Riego, foi unha das persoas que propuxo a celebración deste día.

Por ser unha data tan importante dedicimos preparar un contacontos en galego e en ligua de signos, accesible a tódalas persoas xordas. Así que botamos man dos libros recomendados por Librincios este curso: Orellas de Bolboreta, e puxémonos mans á obra

Grazas as profes Sabela e Elena puidemos gravar a nosa lectura en galego. Despois indagamos sobre os signos máis adecuados para cada parte do texto e finalmente decidimos a nosa posta en escena. 





Ensaiamos moito, dentro e fora do escenario,. E posto que debiamos vestir de escuro para meternos no papel de intérpretes, decidimos pintarnos as uñas coas cores dos nosos equipos e darlle algo de cor á nosa actuación. Aproveitmaos esta iniciativa para traballar outro conto que nos axudou a empatizar aínda máis co que lle pasaba a Mara do noso conto: ¡Vivan las uñas de colores!


A actuación saíunos xenial, como non podía ser doutro xeito! Para rematar, os nosos copañeiros e compañeiras do equipo Gatitos recolleron o premio da Xoaniña, como recompensa aos mircrorrelatos cooperativos que fixemos na aula! 



Menudo fin de festa!


Ningún comentario:

Publicar un comentario