Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

04 maio, 2023

🎙️ QUE ESTAREMOS A ARGALLAR NA RADIO? 🎙️ 

Quen dixo que o curso vai acabado? Ui, ui, ui.. pois a nós este mes de maio estanos dando para moitas cousas, e aínda que poida parecer raro a estas alturas, para algunhas primeiras veces! Por fin puidemos estrear a peceira da radio do cole! Que ilusión!

Preparamos o contido nun plis, ensaiámolo en casa e grazas á profe Elena e á profe Sabela puidemos gravar as nosas primeiras palabras! Que nervios! Todo moi, moi profesional e nós @s que máis!

Ah! Pero que gravamos? Non, non! Iso é unha sorpresa! Esperemos que a gocedes tanto como nós preparándoa!

 
 

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario