Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

29 maio, 2023

     🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO 🎂

E seguimos de festa. Este mes comezamos moi cedo a troula, porque tivemos moito que festexar, ata 4 festas.. menos mal que maio nos regala 31 días, se non, non dariamos feito!

Comezamos xa o día 3 de maio coa nosa compi Berti, que deu a súa 7ª volta ao sol o primeiro mércores de mes. Non perdemos detalle de cada lembranza que nos contou e finalmente cantámoslle o Cumpleaños Feliz en Marciano, a nosa versión máis popular deste ritual.



Cando aínda nos estabamos a recuperar da festa do mércores, o día 4 de maio, Leire tamén celebrou a súa 7ª volta ao sol. E ademais de contarnos como foi medrando e o que espera poder lograr durante este novo ano, tamén nos convidou a un anaquiño de biscoito con froitos silvestres! Unha delicia!



E como nos tardaba moito en festexar outro aniversario, aproveitamos para celebrar o "No cumpleaños" do noso compi Saúl. Aínda que el xa deu a súa 6ª volta ao sol o 24 de xullo, desta vez celebramos a os seus 6 anos, 10 meses e 2 días! Amosounos un vídeo da súa última fazaña e contounos como foi cambiando ao longo do tempo. Finalmente formulou un desexo para o que lle queda de volta ao sol e convidounos a uns petiscos moi golosos! 




O derradeiro aniversario deste mes de maio foi o da nosa compañeira Naira o día 29 de maio. Foron 7 voltas ao sol cheas de cousas novas e de cambios que foi lembrando ano. Tamén pediu un desexo para esta volta que lle queda por diante! Desta volta signámoslle a canción e agasallounos con unhas galletas feitas na casa! Todo un manxar.



PARABÉNS COMPIS, QUE SIGADES XIRANDO CADA VEZ MÁIS FELICES AO REDOR DO SOL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario