Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

22 outubro, 2022

 QUEN DIXO FICHAS? 🤭

Como non todo ía ser troula, durante o comezo de curso tamén nos puxemos man ao traballo e revisamos algunhas letras e algúns números.. pero, a verdade sexa dita, non é que colleramos moito o lapis...

Aproveitamos a plasti da aula para modelar aquelas letras tan importantes que todos e todas nós temos nos nomes: as vogais! Sen elas sería imposible pronuncialos! Empezamos a descubrir a súa forma minúscula, ou como di algún ou algunha de nós: as pequenas.





Xa que nos gustara tanto a experiencia, decidimos practicar outro día cos números.. pero a nosa mestra debe ser moi lambona, porque sempre que falamos de cifras saca o bote dos garavanzos! 🤤



Que se carreiras para contar garavanzos, botes de iogur para meter garavanzos dentro... A ver cando nos trae un cocido!



Tamén fixemos os nosos pinitos coa fariña! Pero non para facer postres nin receitas... para seguir facendo letras e números!!! E claro, despois de tanto remexer, tamén tivemos que limpar, porque aquilo parecía un forno de cocer o pan!



Xa ultimamente comezamos a traballar con xices grandes.. tirámonos por terra (mellor dito, por cemento) para tentar facer a forma dos números co noso corpo. Non foi doado, pero ao final fomos quen de facelos todos!

 


E como non podía ser doutro xeito, tivemos a nosa pequena recompensa: enchemos a pista de fútbol de debuxos!





2 comentarios:

  1. Que ben!! Disfrutan e sempre sacan algo aprendido. Xenial, grazas por mostrarnos o seu traballo.

    ResponderEliminar