En setembro, a vendima correndo! E en outubro? 😶🌫️
Así é como di o refraneiro popular galego, pero nós, que somos tranquil@s e que nos gusta facer as cousas con calma, este ano fixemos a vendima en outubro!! Nunca é tarde cando a dita é boa!! 🤣
Este curso, fomos invitad@s polo alumando de educación infantil para facer a vendima no cole! Algúns nenos e nenas lebrávanse da última que fixeran, pero a gran maioría non o tiñamos moi claro. 🤔
Así que trouxemos os nosos acios que foron colgados no enreixado do patio polas mestras Carmen e Bibi e os padriños e madriñas lectoras, vaia traballiño!
Xa despois do recreo, tódalas persoas que quixemos puidemos pisar as uvas e transformalas en bagazo: tinto e branco! Estaban fresca!!!! E iso que nós suamos a gota gorda! 😅 Por sorte, os nosos padriños e madriñas de 6º estaban aló para axudarnos no proceso, que non é tan doado como parece. Moitas grazas!
Gustounos tanto que tivemos que levar un anaco para casa! Queremos agradecer a tódalas nosas mestras de educación infantil por seguirnos coidando tanto! 🥰 Contade con nós para novos proxectos! 🤩
Que divertido! Grazas!
ResponderEliminar