INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 📚💜
Segundo o Ministerio de Cultura e Deporte, o día 24 de outubro é o día das BIBLIOTECAS, que a nivel nacional segue o lema: "BiblioTEcuida".
Como nós non iamos ser menos, o venres 21 puidemos inaugurar as Biblios do cole....tod@s xunt@s!!!! Vaia Tropa!
Foi moi, moi divertido! Librincios Deixounos unha carta vai unhas semanas cunha fotografía que non sabía de onde era. Nós, que somos moi list@s decatámonos que era o MONTE GALIÑEIRO:
- Polo tipo de area do camiño
- Polas pedras e rochas que atopamos nel
- Polo tipo de vexetación
Así que, unha vez que tiñamos claro de que lugar estabamos falando e de que tod@s o coñeciamos, tivemos que decorar un vagón de tren no que incluimos a fotografía.
Enzo e Félix foron os encargados de entregarlle o vagón a mestra María e de expilcar o noso achado.
Para rematar, Sergio e Yeray recolleron a nosa mochila viaxeira e a caixa de libros que traballaremos na aula.
Que ganas de que comece a viaxar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario