Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

17 maio, 2025

 🥳LETRAS GALEGAS 2025 🥳

Para a nosa primeira actuación en primaria, escollemos un reto arriscado pero moi divertido: interpretar a canción da Banda da Loba: Tribo. Investigamos o que significa a palabra, expresamos o que significa para nós e o que nos gustaría que significara grazas ao conto: 

Tu canción

Un conto moi fermoso sobre a importancia da comunidade na vida de cada unha das persoas.






E grazas a toda esta inspiración, fixemos unha actuación MARABILLOSA! Agardamos que a gocedes tanto coma nós.


Para rematar de redondear a xornada, a nosa aula levou un dos agasallos literarios da Xoaniña.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
1.500 × 1.300

05 maio, 2025

   🎂ANIVERSARIOS e NON ANIVERSARIOS DO MES DE ABRIL NA AULA DE 1º🎂

Aínda que durante o mes de abril tivemos un parón, soubemos aproveitar os ratiños que estivemos xunt@s, e tivemos dúas grandes troulas.

Comezou inaugurando o mes a nosa compi Icía, que aínda que o seu aniversario é o 7 de agosto, aproveitamos o 7 de abril para calcular por onde ía na súa volta ao sol. Contounos que lembraba (ou que lle contaran) de cada un dos anos que foi cumplindo e ata nos explicou como aprendeu a facer algunhas cousiñas que a fixeron medrar. Para rematar explicounos que lle gustaría aprender durante estes 4 meses que lle quedan para cumplir os 7 anos! Temos moitas ganas de axudala cos seus retos.



Xa o día 17 de abril a nosa compi Vera completou a súa sétima volta ao redor do sol. Como estabamos en plenas vacacións, decidimos celebralo o día 22, para que non se nos esquecera! 

Vera contounos como foi medrando e tódalas cousas que foi aprendendo durante este tempo. Ata pensou que lle gustaría aprender durante toda esta nova volta ao redor do sol. 



Parabéns compis!

12 abril, 2025

🗣️ COMUNICACIÓN PARA TOD@S 🗣️

Esta derradeira semana antes das merecidas vacacións, a nosa mestra Marta, agasallounos co seu tempo para poder explicarnos como nos comunicamos as persoas. E descubrimos que hai moitos xeitos de facerse enternder e de entender aos demais. Algúns son máis sinxelos, outros requiren de moita paciencia.


Cando xa empezamos a entender.. puxémonos mans a obra.. e non é nada, pero que nada fácil nin rápido contar cousas moi sinxelas como o que nos gusta. 


MOITAS GRAZAS PROFE MARTA POR ENSINARNOS TANTO E TAN BEN

31 marzo, 2025

  🎂ANIVERSARIOS e NON ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO NA AULA DE 1º🎂

O longo mes de marzo veu cargado con nada máis e nada menos que 3 aniversarios na aula de primeiro.

Despois do breve descanso do entroido, non deixamos que parase a troula e o día 7 celebramos a 7ª volta ao sol da nosa compi Ada. Preguntámoslle moito polas cousas que foi vivindo e aprendendo e para rematar, pensou nalgo novo que lle gustaría aprender durante esta nova volta ao sol... custou elixir unha soa. Finalmente gozamos dun petisco doce despois de soprar as veas.



Xa o día 15 de marzo, a nosa compi Mía completou a súa sétima volta ao sol. Como caeu en sábado e nós non somos de perder ningunha troula, en clase celebrámolo o día 17 ou 18 de marzo.. non nos quedou moi claro! 🤭

Contounos todo o que foi medrando durante estes anos, o que foi aprendendo e os retos que quería intentar cumplir para esta nova volta ao sol! Esperamos que así sexa.




E como este mes se nos estaba a facer moi longo, aproveitamos para festexar un NON ANIVERSARIO: o do noso compi
Ían. Aínda que el completou a súa sexta volta o sol o 31 de xullo do 2024, este luns 31 de marzo calculamos por onde vai a súa viaxe, e resulta que vai na sexta volta e 8 meses... xa queda menos!



Tamén nos comentou onde se tomaron as súas fotos e que cousas lle quedaría aprender nestes 4 meses de volta que lle quedan. Unha marabilla!

Parabéns compis!!!