Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

31 marzo, 2025

  🎂ANIVERSARIOS e NON ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO NA AULA DE 1º🎂

O longo mes de marzo veu cargado con nada máis e nada menos que 3 aniversarios na aula de primeiro.

Despois do breve descanso do entroido, non deixamos que parase a troula e o día 7 celebramos a 7ª volta ao sol da nosa compi Ada. Preguntámoslle moito polas cousas que foi vivindo e aprendendo e para rematar, pensou nalgo novo que lle gustaría aprender durante esta nova volta ao sol... custou elixir unha soa. Finalmente gozamos dun petisco doce despois de soprar as veas.



Xa o día 15 de marzo, a nosa compi Mía completou a súa sétima volta ao sol. Como caeu en sábado e nós non somos de perder ningunha troula, en clase celebrámolo o día 17 ou 18 de marzo.. non nos quedou moi claro! 🤭

Contounos todo o que foi medrando durante estes anos, o que foi aprendendo e os retos que quería intentar cumplir para esta nova volta ao sol! Esperamos que así sexa.




E como este mes se nos estaba a facer moi longo, aproveitamos para festexar un NON ANIVERSARIO: o do noso compi
Ían. Aínda que el completou a súa sexta volta o sol o 31 de xullo do 2024, este luns 31 de marzo calculamos por onde vai a súa viaxe, e resulta que vai na sexta volta e 8 meses... xa queda menos!



Tamén nos comentou onde se tomaron as súas fotos e que cousas lle quedaría aprender nestes 4 meses de volta que lle quedan. Unha marabilla!

Parabéns compis!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario