Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

07 xuño, 2024

🎥 SESIÓN DE CINE EN 2º 🎞️

Como o prometido é débeda.. xa estabamos tardando en ter unha sesión de cine na aula. Desta volta tocou unha película que fai visible a importancia do traballo en equipo pero tamén da valía individual, como seres particulares que achegamos algo único ao grupo. E como non, a solución da meirande dos nosos problemas pasa por poñernos no lugar da outra persoa, comprender e axudar.



Pero é que ademais... é moi divertida!

Como sabedes que somos moi lambóns e lambonas. tamén puidemos gozar duns flocos de millo!

Aproveitamos a ocasión para despedir á profe Nuria e desexarlle o mellor! 😚 😚 😚

Ningún comentario:

Publicar un comentario