Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

02 xuño, 2024

🎂ANIVERSARIOS  E NON ANIVERSARIO DO MES DE MAIO 🎂

Se en abril non tivemos aniversarios na aula, o mes de maio ven cargadiño deles: ata 4 festas!

Comezou inaugurando o mes Berti, que empezou a dar a súa oitava volta ao sol o día 3 de maio. Contounos algunhas anécdotas que lembraba sobre a súa vida e finalmente formulou un novo desexo de aprendizaxe. Tamén nos convidou a un pestico doce e agasallounos con unha pulseira moi orixinal!




Non tardadmos nin un día en celebrar o seguinte aniversario: o 4 de maio cumpliu Leire 8 anos, pero nós festexámolo o luns seguinte, o día 6. Deu as súas oito voltas e foi lembrando fitos importantes para ela e pensou nalgo novo que aprender nesta volta que acaba de comezar. E como sabe que somos uns larpeiros e larpeiras, convidounos a unha lambiscada doce.




Unha semana máis tarde, o día 13 de maio, o noso compi Nuno cumpriu 8 anos. E como manda a nosa tradición, amosounos fotos de cada un dos seus anos de vida e comentounos lembranzas de cada un deles. Temén pensou nalgo novo que aprender durante estes 365 días que lle quedan por estrenar. Para rematar convidounos a unhas madalenas e agasallounos cun quebracabezas moi orixinal.




A última compi que cumpliu no mes de maio foi Naira, o día 29 de maio. Pero como estivemos de troula por San Simón, aplazamos o festexo para o día seguinte. Ademais de compartir as súas lembranzas vitais con nós, tamén trouxo un biscoito ben rico.




Pero un mes tan longo, cheo de tantas festas, non puidemos renunciar a festexar outro "non aniversario". Desta volta foi o do noso compi Marco, que completará a súa oitava volta oa redor do sol o 25 de agosto, pero nos celebramos o seus 7 anos, 9 meses e 5 días o día 31 de maio. Compartiu con nós moitas vivencias e experiencias e puidemos cantarlle o "Feliz non cumpleaños". 




Moitos parabéns, compis! 😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario