Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

01 febreiro, 2024

 🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE XANEIRO  🎂

Durante o mes de xaneiro, o 1º mes do ano festexamos o aniversario de 4 compañeiros e compañeiras! Comezamos o ano cargad@s de aniversarios! Que a festa non pare! 


En primeiro lugar o mozo maior do grupo, Oliver, quen comezou a súa 8ª voltas ao sol o día 13 de xaneiro e nós celebrámolo o día 15! Puidemos coñecelo un pouquechiño mellor e ver como foi cambiando co paso dos anos! Amais de compartir con el un anaquiño de dúas deliciosas tartas! 🤤


O seguinte en cumprir a súa oitava volta ao sol foi Iago, que estivo de aniversario o día 20 e como non podía ser doutro xeito, tamén o festexamos na aula o seguinte luns. Puidemos comprobar que o seu gusto polo mundo do motor leva con el moitos anos. 



E para garantir que se cumprira o seu desexo de aniversario tamén compartimos con el un anaco de tarta amais dalgunhas lamberetadas... que pouco nos gusta comer! 😂


E como vén sendo tradición este mes, o seguinte aniversario volveu a cadrar en sábado: Enzo cumpriu 8 anos o día 27, pero desta vez, adiantámolo porque xaneiro se nos fai moi, moi longo sen festas! 😂 



Compartiu con nós moitas lembranzas e tamén algúns desexos... e tamén lle demos moito que pensar para o seu último día na sétima volta ao sol. Grazas pola merendola que nos trouxeches! Non deixamos nin as migas.

E para rematar o mes, o luns 29 de xaneiro festexamos o aniversario da nosa compi Vera. Pero non por ser o último iamos a estar máis cans@s! Acompañámola en cada u dos seus recordos e tamén nos seus desexos!


E como non podía ser doutro xeito, compartimos con ela un pestisco ben saboroso! 

Así dá gusto comezar o ano!

PARABÉNS COMPAÑEIR@S!


Ningún comentario:

Publicar un comentario