Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

22 decembro, 2023

 🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE DECEMBRO  🎂

Durante o mes de decembro, o último mes do ano tan só nos queda por festexar o aniversario do noso compi máis pequeno: Félix.


O día 7 de decembro, no medio e medio da ponte Félix cumpriu a súa sétima volta ao redor do sol. Como non estabamos no cole, celebrámolo o día 11, xa de volta. 

Repasamos tódalas voltas dadas dende que naceu, os seus animais, a súa familia, as cousas que aprendeu... E como non, tódalas cousas que quere aprender! 


Para rematar, agasallounos cun biscoito riquísimo e unhas galletas Pokemon! Estaban tan ricas que non nos deu tempo a coleccionalas! Moitas grazas!


                                        MOITAS FELICIDADES, COMPAÑEIRO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario