🎂ANIVERSARIOS e NON ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO NA AULA DE 1º🎂
Xa case cheirando a verán e sen tempo que perder, chegou un mes cargadiño de aniversarios!
O primeiro en aparecer foi o aniversario de Cora. Que aínda que completou a súa sétima volta ao redor do sol o día 3 de maio, non o puidemos festexar como se merece ata o día 7 de maio. Tróuxonos un montón de fotografías e contounos moitas historias e vivencias que lembraba ou lle foron narrando. Compartiu con nós un biscoito riquísimo e ademais do que lle gustaría aprender a facer durante este ano.
A seguinte persoa que fixo anos este mes foi Brayan, o día 6 de maio. Tamén nos contou como foi medrando durante estes aniños, así como os feitos máis importantes para el. Finalmente, compartiu connosco un novo desexo de aprendizaxe e un biscoito cheo de cores, coma el.
Xa avanzado o mes, e como se nos estaba a facer longo, aproveitamos a ocasión para festexar outro NON ANIVERSARIO, neste caso o de Aldara: completou a súa sexta volta ao sol o día 17 de xullo, pero nós festexamos a súa 6ª volta e 10 meses e 2 días: PARABÉNS! Contounos cousiñas que recordaba destes anos e tamén nos falou do que lle gustaría aprender nos 2 meses escasos que lle quedan para completar a sétima volta ao sol.
E xa para rematar este mes, celebramos o aniversario de Alba, que completou a súa sétima volta ao sol o día 28 de maio. Ela tamén nos contou a morea de cousas que leva aprendidas durante todo este tempo e as que lle quedan por aprender!
PARABÉNS COMPIS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario