Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

22 xuño, 2024


 🎂NON ANIVERSARIO DO MES DE XUÑO 🎂

E para pechar este curso deixamos un non aniversario ao que lle tiñamos moitas ganas: o non aniversario de Ainara. 

O luns 17 de xuño festexamos o cumple de Ainara, aínda que o seu aniversario foi o 14 de xullo, ela puido dar 8 voltas ao sol e andou 10 mesiños máis. Contounos que cousas aprendeu a facer ata agora e que lle gustaría aprender a facer.



Foi un non cumple moi, moi divertido. Feliz non cumpleaños Ainara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario