Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

10 febreiro, 2024

🗑️ Reducimos, REUTILIZAMOS, Reciclamos 🗑️

O pasado venres día 2 de febreiro viñeron a visitarnos unhas persoas expertas no programa educativo "Ponte a Zero" para lembrarnos como debemos xestionar o refugallo para causar o menor impacto posible no noso planeta. 

Comezamos por coñecer o significado dos 3R e a súa importancia e logo Manolo ensinounos un motón de xogos e xoguetes que podemos crear con todo aquilo que iamos a tirar ao lixo.

 

 

Que se un cohete espacial enviado dende o cole, que se un teléfono que resiste longas horas de conversa, que se paxaros pica pau gabeadores, ... e todo aquilo que se nos ocorra.

Para nós tiña reservado un xoguete moi especial: un bonoco ou unha boneca móbil. Así que puxémonos mans a obra e decoramos as siluetas ao noso gusto. 









Logo pegámolas nos cartóns de cerais que tan amablemente foron recolectando as nosas familias esta semana (GRAZAS) E finalmente recortamos e montamos! 



Listos para desfilar e formar parte das nosas marabillosas historias!


GRAZAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario