Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

05 decembro, 2023

  🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE NOVEMBRO  🎂

Durante o onceavo mes temos a nada máis e nada menos que tres compis de cumple: Naia, Yuna e Jon.

O día 3 deste mes estivo de aniversario Naia, pero nós non o puidemos celebrar ata o día 6 de novembro. Compartiu con nós a súa historia durante estas 7 voltas completas ao sol e finalmente contounos que cousa nova lle gustaría aprender durante esta nova volta... todo un reto!


Xa o día 13 estivo de aniversario a nosa compi Yuna, que amais de explicarnos como foi medrando durante todos estes anos, tamén nos explicou tódalas cousas que aprendeu e que quere aprender a facer.. non fai falta dar ningunha pista, non?


E para pechar o mes, o día 16 estivo de aniversario Jon de aniversario. Puidemos ver como foi medrando e tamén nos contou todo o que se lembraba de cada volta ao sol.
Ao igual que as súas compañeiras, tamén se propuxo un reto novo para esta nova volta ao sol!


Moi felices 7 anos compañeiras e compañiero!

Ningún comentario:

Publicar un comentario