Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

01 novembro, 2023

 🎂 ANIVERSARIOS DO MES DE OUTUBRO  🎂

E como tódolos meses, este tamén tivo a celebración de moitas voltas ao sol!


Neste mes puidemos festexar o único aniversario compartido do ano: o de Unai e Artai. Os dous fixeron a súa sétima volta ao sol o día 7, pero aínda que foi sábado nos soubemos atoparlle un oco para celebralo por todo o alto. 



Artai e Unai compartiron as lembranzas de cada volta e tamén un gran aperitivo con algunhas lambetadas e un biscoito moi, moi rico que Unai fixo coa súa avoa! Como nos mimades!


Xa rematando o mes e antes de que puideramos disfrazarnos, celebramos o aniversario de Sabela, que tamén caeu a sábado: o día 28, pero nós fixémolo o seguinte luns. 
Para as súas voltas ao sol foi lembrando o logro de cada volta ata rematar cun novo desexo para este novo ano. 


Finalmente puidemos comer un anaco dun gran pastel de limón que nos trouxo! Unha delicia!


Ningún comentario:

Publicar un comentario