Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

12 xuño, 2023

📋 PROXECTO COMPETENCIAL INCLUSIVO: 

ADAPTACIÓN DE RECEITAS Á LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA 📋

Este ano cursamos unha nova optativa en 1º de primaria: Proxecto Competencial. E aínda que nos custou arrancar, unha vez decidido, xa non houbo quen nos parase. 


Pensamos os pasos a dar, practicamos con varias receitas, indagamos fontes de información nas que poder buscar vocabulario e practicamos, practicamos moito.




Pero tamén comezamos a afondar no mundo do cine: descubrimos o papel das persoas directoras, actores e actrices, cámaras, ata as axudantas de dirección! Convertemos a nosa aula nun plató e... a rodar!

Este foi o resultado, do que estamos moi, moi orgullosas e orgullosos! Esperamos que sexa útil para tódalas persoas que o queiran utilizar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario