Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

05 abril, 2023

📝 POESÍAS EN MARZO 📝

As últimas semanas do mes de marzo, aproveitando a data sinalada pola UNESCO para conmemorar unha das formas máis preciadas da expresión e identidade da humanidade: a poesía, enredamos, xogamos e creamos versos moi variados e orixinais.

Todo comezou unha mañá na que atopamos na aula un caminiño de palabras cunha carta de Librincios.


Comezamos indagando sobre como crear rimas cun xogo creado pola maestra de pedagoxía terapéutica Paula (recollido da súa web ensuszapatos). Ata nos deu para lanzarnos a crear uns versos moi estrafalarios!

A profe Marta tamén nos quixo axudar léndonos, contándonos e cantándonos varios poemas, entre eles os do novo libro de Anxo Iglesias: Unha nova dimensión.

Outro día tamén, a profe Marta e a profe Sabela nos convidaron a descubrir toda as propostas que Librincios nos tiña preparadas por todo o cole. Coñecemos os poemas gráficos, os Tautogramas, os Pictopoemas, os Caligramas... e moitos máis. 




E como no podía ser doutro xeito, nós tamén quixemos colaborar nestas creacións.

Unha vez que xa nos vimos preparados e preparadas, puxémonos mans á obra para comezar a rimar e a ar-rimarnos aos nosos padriños e madriñas. E que mellor idea que facelo cun rap rimado en equipos cooperativos?


 


Para rematar quedamos cos nosos padriños e madriñas o últimos mércores de marzo para rapear na biblioteca. Eles e elas agasalláronnos con un poema debuxado para cada un de nós! 





Menuda sorpresa! Encantounos e gardámolo con moito agarimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario