Repensar

« A educación actual consiste en saber aprender, desaprender e volver aprender » ALVIN TOFFLER

23 marzo, 2023

💻 📲 TALLER DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL ⌚️ 🖥️

por Wenceslao Canosa

O pasado día 20 de marzo contamos coa visita dun experto en tecnoloxías: Wenceslao Canosa, o pai da nosa compañeira de ciclo Eva. Grazas a el puidemos vivenciar e comprender como aprenden os programas de ordenador: practicando e practicando... coma nós co fútbol, co baile, coa lectura, coas sumas ou recollendo a aula! 😅 Wenceslao explicounos que a este tipo de intelixencia se lle chama Intelixencia Artificial ou IA.

Puidemos ver como aprenden a xogar o escondite con cada vez máis obstáculos!


Creamos un monstro único, que nunca ninguén vira grazas a un programa que combina imaxes xa existentes para xenerar outras novas e só para a persoa usuaria.



Para rematar estivemos fedellando nun programa que nos axuda a atopar respostas a cousas máis ou menos difíciles. Con todo, nós sabemos máis de Pokemon ca el... e de estrelas de mar, parece ser que tamén. 





Quedounos moi claro que aínda que aprenden rápido, estas aplicacións ou programas só aprenden do que xa existe, que pode estar errado ou equivocado. 

Moitas grazas Wenceslao!

Ningún comentario:

Publicar un comentario