Repensar

"A nosa sociedade está ao servizo de intelixencias que se están construíndo na escola, e por tanto hai que axudalas en todo o que poidamos; (...) como lembrándolles que se van a construír grazas ás demais persoas" - ALBERT JACQUARD- Experto en xenética e escritor.

21 xuño, 2025

🏅 PROXECTO DE 1º EP: 

BOTÁMOSLLE UNHA MAN ÁS OLIMPIADAS 🏅

Este curso, na aula de 1º EP,  quixemos levar un paso máis aló a inclusión no deporte e creamos un glosario comunicativo sobre as olimpiadas en galego, castelán, pictos e inglés. 

           

          

E como a experiencia nos gustou, decidimos interpretar en lingua de signos española, dun xeito libre, o himno do Centenario do R.D. Celta: Oliveira dos 100 anos, de C. Tangana. Para poder interpretala, acompñáronnos tódol@s compis do cole: MOITÍSIMAS GRAZAS.


Aquí compartimos o documento do produto final:

PRODUTO FINAL 1º EP

Como non todo ía ser troula, tamén queremos ensinarvos un chisquiño de todo o proceso:


GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS QUE NOS BOTARON UNHA MAN!

  🎂ANIVERSARIO DO MES DE XUÑO NA AULA DE 1º🎂

Xa case cheirando a verán e sen tempo que perder, chegou o último mes do curso: xuño! 

E con el o último aniversario de 1º: Raúl completou a súa sétima volta xusto o último día do curso, o día 20 de xuño: alegría por partida dobre!



Tamén nos contou anécdotas de cada una das voltas ao sol que completou, sobre todo aquelas que teñen que ver cos animais da súa vida!
Tamén nos contou que lle gustaría aprender nestes 365 días da súa nova volta! Por pedir que non sexa, así que sopramos a vela do 7 nun biscoito delicioso do que pouco deixamos!


Parabéns compi!

01 xuño, 2025

 🎂ANIVERSARIOS e NON ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO NA AULA DE 1º🎂

Xa case cheirando a verán e sen tempo que perder, chegou un mes cargadiño de aniversarios!

O primeiro en aparecer foi o aniversario de Cora. Que aínda que completou a súa sétima volta ao redor do sol o día 3 de maio, non o puidemos festexar como se merece ata o día 7 de maio. Tróuxonos un montón de fotografías e contounos moitas historias e vivencias que lembraba ou lle foron narrando. Compartiu con nós un biscoito riquísimo e ademais do que lle gustaría aprender a facer durante este ano.




A seguinte persoa que fixo anos este mes foi
Brayan, o día 6 de maio. Tamén nos contou como foi medrando durante estes aniños, así como os feitos máis importantes para el. Finalmente, compartiu connosco un novo desexo de aprendizaxe e un biscoito cheo de cores, coma el.



Xa avanzado o mes, e como se nos estaba a facer longo, aproveitamos a ocasión para festexar outro NON ANIVERSARIO, neste caso o de
Aldara: completou a súa sexta volta ao sol o día 17 de xullo, pero nós festexamos a súa 6ª volta e 10 meses e 2 días: PARABÉNS! Contounos cousiñas que recordaba destes anos e tamén nos falou do que lle gustaría aprender nos 2 meses escasos que lle quedan para completar a sétima volta ao sol.




E xa para rematar este mes, celebramos o aniversario de Alba, que completou a súa sétima volta ao sol o día 28 de maio. Ela tamén nos contou a morea de cousas que leva aprendidas durante todo este tempo e as que lle quedan por aprender! 



PARABÉNS COMPIS!

🍴COAS MANS NA MASA🍴

O pasado luns 26 de maio fixemos unha nova incursión na cociña do cole, para preparar un prato que a todas e a todos nos gusta: PIZZA! Aínda que cada quen a fixo ao seu gusto, fixémola cooperando empregando unha lectura compartida. 

Non fai falla que vos digamos que non quedaron nin as miguiñas.

BO PROVEITO!